Mañás de Verán é un proxecto co obxectivo de educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, estimular a creatividade, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
Algunhas das actividades que podemos realizar son: animación á lectura, obradoiros, xogos de auga e piscina, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, xogos organizados, saídas, biblioteca, cine… segundo climatoloxía e dispoñibilidade de instalacións.
Ofertamos varias semanas, podendo asistir unha, varias ou días soltos sempre que se avise con antelación.
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
As datas:
- 1º Semana: Días 22 e 23 de xuño (10 €/día ao apuntarse con outra
semana completa) - 2ª Semana: do 26 ao 30 de xuño
- 3ª Semana: 1 de setembro (10 € ao apuntarse con outra semana
completa) - 4ª Semana: do 4 ao 8 de setembro
Prazas dispoñibles: 30 prazas.
O horario será de 10.00 a 14.00 h. Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.
Servizo de comedor (menú servido por un “catering” da cidade) e servizo fiambreira (cadaquén trae a súa comida): de 14:00 a 15:00h