Benqueridas familias:
Un ano máis dende o C.X. Ateibo e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán.
Xa está aberto o período de preinscrición que se pechará o 22 de marzo, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.
A continuación detallamos o proceso de inscrición:
Xa podedes preinscribirvos no Centro Xuvenil aos campamentos de Saltimbanquis, Andaina, ADS, Adolescentes e Xuventude (até o 22 de marzo). A reserva de praza farase por orde de entrega da preinscrición e tódolos participantes que se preinscriban neste período terán praza asegurada.
Xunto coa preinscrición pagarase unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto Saltimbanquis, Xuventude 3 e Catecumenado, que será de 15€.
Entre o 22 de marzo e o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
A partir do 22 de marzo en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.
Comunicarvos tamén que o venres 1 de marzo, ás 17:00 h (durante a actividade dos/as nenos/as) no salón de actos do colexio, teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2024, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Adolescentes, Xuventude e Catecumenado). Convidámosvos a participar para que poidades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e poidades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.
Para calquera dúbida podedes consultar por e-mail, por teléfono ou aos responsables dos distintos grupos.
Sen máis, e animando a que poidades acudir á cita, recibide un agarimoso saúdo.