Mañas de semana santa 2024

Mañás de Semana Santa é unha actividade para facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos/as nenos/as.
Os obxectivos son educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, a convivencia e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
Algunhas das actividades que faremos serán: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser nenos/as desde 4º de E. Infantil (3 anos) ata 6º de E. Primaria incluídos/as.

Datas: 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril de 2024. Prazas limitadas.

O horario de actividade será de 10.00 a 14.00 h .
Entrada: de 9:00—10:00 h.

Cada participante traerá a súa botella de auga, merenda e gorra.

Documentación que hai que entregar (de non tela entregado noutra ocasión previa):

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Fotocopia do DNI da persoa que asina as autorizacións.


Cota: (Desconto familiar: 5 € por irmán no total)

  • Os 4 días _ 40 €
  • Días soltos _ 12 €/día

Descargar “Mañas de semana santa 2024”

MdSS_diptico_inscricion2024.pdf – Descargado 61 veces – 1,45 MB