Andaina é unha agrupación destinada a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos (de 4º a 6º de Educación Primaria). Reunímonos os Venres pola tarde, de 16:30 a 18:30h. ¿E qué facemos? Xogos, manualidades, deportes, acampadas, excursións… pero sobre todo, facemos amigos e amigas. Unha vez ó ano, xuntámonos cos demáis Andainas de Galicia para celebrar a Xuntanza de Andaina e todos os veráns temos un campamento no que participan nenos e nenas de Galicia, Asturias e Castela. Outras veces, quedamos a dormir no cole, é o que chamamos a mini acampada.
Convivimos todos xuntos no Bosque Andaina, un fermoso lugar habitado polos Gnomos, con moitos nenos e nenas Andainas que viven diversas aventuras segundo as “7 regras de ouro”, descubrindo valores humano-cristiáns. Vive aventuras connosco!