Mañás de Verán pretende facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral no tempo de vacacións
dos nenos e nenas.
Mañás de Verán é un proxecto co obxectivo de educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, estimular a creatividade, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
Algunhas das actividades que podemos realizar son: animación á lectura, obradoiros, xogos de auga e piscina, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, xogos organizados, saídas, biblioteca, cine… segundo climatoloxía e dispoñibilidade de instalacións.
Ofertamos varias semanas, podendo asistir unha, varias ou días soltos sempre que se avise con antelación.
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.

As datas:

  • Semana 1: do 24 ao 28 de xuño
  • Semana 2: do 2 ao 6 de setembro
  • Semana 3: 9 e 10 de setembro


Prazas dispoñibles: 30 prazas.
O horario será de 10.00 a 14.00 h. Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.
Servizo de comedor (menú servido por un “catering” da cidade) e servizo fiambreira (cadaquén trae a
súa comida): de 14:00 a 15:00h.
***Os/as destinatarios/as deberán traer merenda de media mañá e gorra tódolos días. Roupa de baño,
chanclas, toalla e muda os días con actividades de auga (avisamos previamente)

Cotas:

  • Unha semana 50 €
  • Dúas semanas 80 €
  • Todo setembro 70 €
  • Tres semanas 100 €
  • Días soltos 12 €/día
  • (Desconto familiar: 5 € por irmán e semana no total)

Servizo Comedor:

  • Semana completa 45 € (9€/día)
  • Días soltos 10,50 €/día
  • Servizo Fiambreira:
  • Semana completa 12 €
  • Días soltos 3 €/día

Descargar “Mañás de verán 2024”

Manas_veran_diptico_inscricion24.pdf – Descargado 6 veces – 1,87 MB