Estimadas familias:
Para este Entroido 2024 o Centro Xuvenil Ateibo propón unha actividade especial de
convivencia de tódolos grupos: unha acampada en Santa María de Figueiras (Santiago
de Compostela)!
Gustaríanos que todos os/as rapaces/as participen, xa que será un momento de
convivencia e diversión.
Viaxamos en bus particular, polo que as prazas son limitadas.
DATAS: 9, 10 e 11 de Febreiro.
CUSTE: 50 € (Pódese realizar o pago por
transferencia no número de conta da Asociación
Cultural Xuvenil Ateibo: ES64 0075 8963 84 0600105619.
Concepto: NOME PARTICIPANTE + Acampada Entroido)
HORARIOS:

  • Saída o venres 9: 17:00 h (dende o parque da Milagrosa)
  • Chegada o domingo 11: 17:00 h

HAI QUE LEVAR:

  • Cea do venres.
  • Calzado e roupa cómodos e de abrigo e para a choiva.
  • Pixama ou roupa para durmir.
  • Útiles de aseo (toalla, chanclas, cepillo e pasta de dentes…) e mudas para os 3 días.
  • Saco de durmir e esterilla (Saltimbanquis e Andaina durmirán en camas, non precisan esterilla. ADS, Ados e Xuventude en tenda de campaña no exterior; se alguén non ten esterilla e non pode conseguila, que nolo indique na inscrición. Hai unha cantidade limitada para préstamo).

Esperamos que respondades á invitación e vos animedes a participar neste encontro. O derradeiro día para anotarse será o luns 5 de febreiro.

Descargar “Acampada entroido 24”

240209-11-Acampada-Entroido_circular-1.pdf – Descargado 89 veces – 341,58 KB