Mañás de Entroido é unha actividade para facilitar que se poida conciliar
a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos nenos e nenas.
O obxectivo é educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á
televisión ou consolas, favorecer a creatividade da infancia, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario
escolar.
Algunhas das actividades que se fan son: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine, festa…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas
desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
As datas e cotas:
- Febreiro: 12, 13 e 14
- Actividade completa (3días): 30€
- Días sueltos: 12€/día
- Descuento familiar: 5€ por irmán no total
- Prazas limitadas: 30 prazas.
- Prazo de inscrición: Ata o 9 de febreiro ou ata completar prazas.
O horario será de 10.00 a 14.00 h. Horario de acollida de 9:00 a 10:00 h.