Asociación Xuvenil Ateibo

Mañás de Entroido

Mañás de Entroido é unha actividade para facilitar que se poida conciliar
a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos nenos e nenas.
O obxectivo é educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á
televisión ou consolas, favorecer a creatividade da infancia, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario
escolar.
Algunhas das actividades que se fan son: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine, festa…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas
desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
As datas e cotas:

Descargar “Mañás de entroido 24” MdE_diptico_inscricion2024.pdf – Descargado 196 veces – 1,87 MB
Salir de la versión móvil