Estimadas familias:

Como é tradicional no Centro Xuvenil Ateibo, rematamos o curso coa FESTA DO PANO, en que os/as participantes de cada grupo reciben os seus símbolos. Este ano propoñémonos facelo de xeitoespecial, cunha acampada do Centro Xuvenil no CERCUD (Centro Recreativo Cultural e Deportivo) de Baamonde, na que nos encantaría que participarades todas as familias.

  • DATAS: 20 e 21 de xuño.
  • CUSTE: 30 € (Pódese realizar o pago por transferencia no número de conta da Asociación Cultural Xuvenil Ateibo: ES10 0049 7897 14 2810032804. Concepto: NOME PARTICIPANTE + Acampada).
  • INSCRICIÓN: A través do formulario.
  • HORARIOS:- Saída o venres 20 de xuño: 19:00 h (dende o parque da Milagrosa)- Chegada o sábado 21 de xuño: TV 18:00 h
  • HAI QUE LEVAR:
    • Cea do venres.
    • Calzado e roupa cómodos, pixama ou roupa para durmir, útiles de aseo (toalla, chanclas, cepillo e pasta de dentes…), bañador, crema solar e muda.
    • Prato, poto/taza/vaso, cubertos (o que os teña de plástico ou metálicos).
    • Saco de durmir e esterilla (se alguén non ten pode indicalo na inscrición, hai unha cantidade limitada para préstamo). Durmiremos en tendas de campaña.

Gustaríanos que as familias compartirades connosco a celebración do sábado. Podedes achegarvos ás 12:00 h para ter xuntos/as a celebración e un xantar compartido. Indicádenos na inscrición cantos seredes ese día para organizar o xantar e saber cantos nenos/as non voltarán no autobús connosco.

Para calqueira dúbida podedes contactar connosco no Centro Xuvenil: 633674528 ou ateibo@cxateibo.org

Esperamos que respondades á invitación e vos animedes a participar neste encontro. A data para anotarse é ata o luns, 16 de febreiro.

*Non queremos que ninguén quede sen participar por motivos económicos, ante calquera dificultade poñédevos en contacto connosco para ver de solucionala.