Co soño de que non haxa ningún neno sen campamento este verán organiza-mos xunto coa Fundación JuanSoñador as COLONIAS URBANAS 2023.
Complementamos así a nosa oferta de educación en valores para este verán realizando esta actividade na que intentaremos aproveitar ao máximo os recursos que pode ter como “cidade educadora” a cidade de Lugo, xogando por distintos lugares da mesma, facendo visitas, saídas á piscina, xogos e manualidades… segundo climatoloxía e dispoñibilidade de instalacións.
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
As datas:
- 1ª Semana: do 3 ao 7 de xullo
- 2ª Semana: do 10 ao 14 de xullo
- 3ª Semana: do 17 ao 21 de xullo
Prazas dispoñibles: 30 prazas.
O horario será de 10.00 a 14.00 h. Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.
Servizo de comedor (menú servido por un “catering” da cidade): de 14:00 a 15:00h.
Cotas: (Desconto familiar: 5 € por irmán e semana no total)
- Unha semana 35 €
- Dúas semanas 60 €
- Tres semanas 80 €
Servizo Comedor:
- Semana completa: 45 €/semana (9 €/día)
- Días soltos. 10,50 €/día
Se desexades realizar o pago por transferencia o número de conta é:
ES64 0075 8963 8406 0010 5619 (Concepto: NOME DO PARTICIPANTE + NOME ACTIVIDADE)
Para atoparlle o gusto a xuntarnos no verán facilitamos a participación de todo o mundo: se alguén precisa da nosa axuda económica, pode contactar con nós por calquera dos medios de que dispón o Centro Xuvenil.
Ademáis tentamos que os campamentos sexan o máis económicos posibles dentro das nosas posibilidades. Queremos destacar como criterio “que ninguén deixe de participar por motivos económicos”. Temos becas, facilidades de pago, apraza-mentos, e descontos.