Queridas familias:
O grupo de animadores e animadoras de Ateibo poñémonos en contacto convosco para comunicarvos que o SÁBADO, 6 DE MAIO, participaremos na Xuntanza Autonómica do Itinerario de Educación na Fe. Celébranse na mesma data e lugar as Xuntanzas de Saltimbanquis, Andaina e ADS. Serán en A Coruña.
Con esta actividade, que se fai todos os anos, pretendemos que os nenos e nenas dos diferentes lugares teñan un día de convivencia e descubran que hai máis nenos e nenas que están na mesma agrupación en diferentes cidades e se coñezan de cara á Acampada/Campamento de Verán.
Así pois, como noutras ocasións, animámosvos a que invitedes aos/as vosos/as fillos/as a participar nesta actividade e que calquera dúbida ou cuestión que creades oportuno aclarar nola consultedes.
Estes son os datos xerais da Xuntanza:

  • HORARIO:
    • Saída: Sábado, 6 de maio, ás 9:30 h.
    • Regreso: Sábado , 6 de maio ás 19:00 h, aproximadamente.
  • LUGAR: A Coruña
  • LEVAR: comida e merenda para o sábado, auga, roupa e calzado cómodo para camiñar, o pano, chuvasqueiro
  • PREZO: 20 euros.
  • DATA LÍMITE DE ENTREGA DA AUTORIZACIÓN: mércores, 3 de maio (mellor se pode ser antes).

Dado que esta semana imos a participar nas Xuntanzas, o VENRES, 5 DE MAIO, NON haberá actividade de Saltimbanquis, Andaina nin ADS.

Descargar “Inscripción Xunatanza Saltimbanquis Coruña23”

Inscricion_xuntanzaSaltimbanquis2023.pdf – Descargado 68 veces – 759,78 KB