Mañás de Nadal é unha actividade para facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nas vacacións de Nadal dos/as nenos/as.
O obxectivo é educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar. Algunhas das actividades que se fan son: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
As datas e cotas:
- DECEMBRO: 23, 24, 26, 27, 30, 31
- XANEIRO: 2, 3, 7
(Desconto familiar: 5 € por irmán no total)
- Actividade completa (9 días): 80 €
- 4 días: 40 €
- 5 días: 50 €
- Días soltos: 12 €/día
Prazas limitadas: 30 prazas.
Prazo de inscrición: Ata o 20 de decembro ou ata completar prazas.
Para inscribirse haberá que reservar praza a través do enlace do QR e entregar a ficha de inscrición ao/a titor/a ou na portería do colexio salesianos.
O horario será de 10.00 a 14.00 h.
Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.
Descargar “Mañás de Nadal 2024- diptico” MdN_diptico_inscricion24-25.pdf – Descargado 66 veces – 1,72 MB