![](https://ateibo.salesianoslugo.es/wp-content/uploads/III-cddi-768x1024.png)
O prazo de entrega remata o 18 de decembro de 2024 e as bases son as seguintes:
- Participantes: Poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.
- Cada participante poderá entregar unha única obra. Se deberá presentar un debuxo orixinal e inédito en tamaño A4 coa temática “Somos iguais”. Poderanse utilizar todo tipo de materiais e de técnicas de debuxo para realizar a obra: rotuladores, lapis de cores, purpurina, recortes de cartolina, acuarela, “collage”, etc.
- Categorías: Establécense catro categorías (e cada participante será inscrito nunha de las segundo a súa idade o 18 de decembro de 2024):
- Nenos e nenas ata 8 anos.
- Nenos e nenas entre 9 e 13 anos.
- Mozos e mozas entre 14 e 18 anos.
- Maiores de 18 anos.
- Os premios consistirán en libros e/ou material de papelería e manualidades por un valor de 30 € por categoría. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
- O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e ata 5 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.
- Os debuxos presentaranse sen identificación. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI de telo). No exterior do sobre que conteña o debuxo e mailo sobre cos datos deberá estar escrita unicamente a idade do autor ou autora como identificación.
- Todos os debuxos deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 18 de decembro de 2024, facendo constar no exterior do sobre “III Concurso de debuxo sobre Igualdade”. O 20 de decembro de 2024, nas nosas redes sociais e páxina web, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
- Os debuxos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
- Despois da elección dos debuxos gañadores, serán expostos nas instalacións da Asociación.
- A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.