Asociación Xuvenil Ateibo

Mañás de nadal 2024

Mañás de Nadal é unha actividade para facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nas vacacións de Nadal dos/as nenos/as.
O obxectivo é educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar. Algunhas das actividades que se fan son: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.

 

As datas e cotas:

(Desconto familiar: 5 € por irmán no total) 

Prazas limitadas: 30 prazas.   

RESERVA PRAZA  

Prazo de inscrición: Ata o 20 de decembro ou ata completar prazas.

Para inscribirse haberá que reservar praza a través do enlace do QR e entregar a ficha de inscrición ao/a titor/a ou na portería do colexio salesianos. 

O horario será de 10.00 a 14.00 h.

Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.

Descargar “Mañás de Nadal 2024- diptico” MdN_diptico_inscricion24-25.pdf – Descargado 147 veces – 1,72 MB

 

Salir de la versión móvil