
Empezamos un novo curso e novas aventuras. Xa están abertas as inscricións para formar parte dos grupos do centro xuvenil.
Agora explicarémosvos como podedes apuntarvos:
- XA TEÑO USUARIO EN BOSCONECTA: se o ano pasado xa se usou Bosconecta, xa tes o usuario creado, así que soamente tes que ir á túa Área privada e no “calendario” ou “actividades” sairá a actividade para apuntarse neste curso.
- SON NOVO!: se se empieza este ano en Ateibo, ou o ano pasado non se chegou a utilizar Bosconecta, primeiro débese encher o formulario de inscrición para poder ter un usuario.
- Cubrir o formulario de inscrición. Non autocompletar porque pode dar erro!!
- 2.Esperar a que sexan validados os datos (intentarase facer o máis rápido posible).
- 3.Chegará un correo coas claves.
- 4.Accede á área privadas e en “actividades” ou “calendario” sairá a actividade para apuntarse