Para este Entroido 2023 o Centro Xuvenil Ateibo propón unha actividade especial de convivencia de tódolos grupos: unha acampada no Mosteiro de San Salvador de Bergondo!
Gustaríanos que todos os/as rapaces/as participen, xa que será un momento de convivencia e diversión.
Viaxamos en bus particular, polo que as prazas son limitadas.

Datas: 17, 18 e 19 de Febreiro

Custes: 40€

Horarios:

  • Saída o vernes 17 as 19.30H
  • Chegada o domingo 19 as 18:00h

Hai que levar:

  • Cea do venres
  • Calzado e roupa cómodos e de abrigo. Pixama ou roupa para durmir. Útiles de aseo (toalla, chanclas, cepillo de dentes…) e mudas para os 3 días
  • Saco de durmir e esterilla (durmiremos no chan; se alguén non ten e non pode conseguilo, pode pedilo indicándoo na inscrición. Hai unha cantidade limitada para préstamo)

Para maior información contacta co centro xuvenil atreves do 633 674 528 ou atreves do noso correo electronico cxateibo@gmail.com

Descargar “Acampada Entroido” 230217-19-Acampada-Entroido_circular-v1-1.pdf – Descargado 223 veces – 315,97 KB