Asociación Xuvenil Ateibo

¿Que é mañás de…?

MAÑÁS DE…

Son actividades realizadas durante as épocas de vacacións, ven sexan no verán, en Nadal, Entroido ou en Semana Santa, no Centro Xuvenil Ateibo.

Os destinatarios son nenos e nenas  dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria incluídos, é dicir, de 3 a 12 anos.

 

O horario das actividades é, normalmente, de 10:00 a 13:30h. Soe haber servizo de gardería antes da actividade de 9:00 a 10:00h, e despois de 13:30 a 14:00h.

 

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover unhas vacacións activas e participativas axeitado ás idades dos participantes, favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo e axudar a conciliar a vida laboral e familiar.

 

Para máis información:

Asociación Xuvenil Ateibo

Pza./ Milagrosa, 10 27003 Lugo

cxateibo@gmail.com

Telf: 633674528

Salir de la versión móvil