Estimadas familias:
Dirixímonos a vós para informarvos de que estamos a preparar unha Acampada para
a fin de semana de Entroido.

A INFORMACIÓN QUE HAI QUE TER EN CONTA É A SEGUINTE:

  • DATAS: do 13 ao 15 de febreiro.
  • LUGAR: Mosteiro de San Salvador de Bergondo.
  • HORARIOS: Saída o venres ás 19:00 h (dende o Parque da Milagrosa), chegada o domingo ás 17:00 h.
  • PREZO: 50 € (Pódese realizar o pago por transferencia no número de conta da Asociación Cultural Xuvenil Ateibo: ES10 0049 7897 14 2810032804. Concepto: NOME PARTICIPANTE + Acampada Entroido 2026).
    • *Non queremos que ninguén quede sen participar por motivos económicos, ante calquera dificultade poñédevos en contacto connosco para ver de solucionala.
  • INSCRICIÓN: A través do formulario habilitado en Bosconecta, en actividades: ACAMPADA ENTROIDO 2026 (se aínda non tedes a clave da vosa área persoal ou non a lembrades contactade co Centro Xuvenil: 633674528 ou ateibo@cxateibo.org).
  • COMIDAS: Cadaquén leva a súa cea do venres. Do resto de comidas encargámonos no Centro Xuvenil.
  • HAI QUE LEVAR: Tarxeta sanitaria orixinal, saco de durmir e esterilla/colchoneta (se alguén non ten pode pedilo no Centro Xuvenil, hai unha cantidade limitada para préstamo), útiles de aseo (toalla, chanclas, cepillo e pasta de dentes…), roupa e calzado cómodos e de abrigo e para a choiva, pixama ou roupa para durmir e muda para os 3 días.

Esperamos que respondades á invitación e vos animedes a participar neste encontro. O derradeiro día para anotarse será o venres, 6 de febreiro. Para calquera dúbida, podedes contactar connosco no teléfono 633 674 528 ou no correo electrónico: ateibo@cxateibo.org.