concurso debuxo

O prazo de entrega remata o 7 de decembro de 2022 e as bases son as seguintes:

  1. Participantes: Poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.
  2. Cada participante poderá entregar unha única obra. Se deberá presentar un debuxo orixinal e inédito en tamaño A4 coa temática “Qué é para ti a igualdade?”. Poderanse utilizar todo tipo de materiáis e de técnicas de debuxo para realizar a obra: rotuladores, lápices de cores, purpurina, recortes de cartolina, acuarela, “collage”, etc.
  3. Categorías: Establécense tres categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 7 de decembro de 2022):
    • Nenos e nenas ata 13 anos.
    • Mozos e mozas entre 14 e 30 anos.
    • Maiores de 30 anos.
  4. Os premios consistirán en libros e/ou material de papelería e manualidades por un valor de 30 € por categoría. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
  5. O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e ata 5 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.
  6. Os debuxos presentaranse sen identificación. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI de telo). No exterior do sobre que conteña o debuxo e mailo sobre cos datos deberá estar escrita únicamenta a idade do autor ou autora como identificación.
  7. Todos os debuxos deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 7 de decembro de 2022, facendo constar no exterior do sobre “I Concurso de debuxo sobre Igualdade”. O 9 de decembro de 2022, ás 18:15 h, na celebración do Aniversario de Ateibo, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras e realizarase a entrega de premios.
  8. Os debuxos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
  9. Despois da elección dos debuxos gañadores, serán expostos nas instalacións da Asociación.
  10. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.