Estades todos convidados a participar na xornada de portas abertas que este venres 30 de setembro realizaremos no centro xuvenil.
Despois teremos a miniacampada, onde gozaremos de xogos e compartiremos unha noite agradable para dar a benvida a este novo curso.
A actividade portas abertas será de 17.00 a 19.30, e daremos inicio á mini acampada que durar ata as 11 do sábado 1 de outubro.
Os que queiran participar, teñen ata o xoves 29 para apuntarse. Haberá que traer a cea do venres, saco de durmir, útiles de aseo…
O centro xuvenil faise cargo do almorzo do sábado.
Para maior información contactar co centro xuvenil.