
Benqueridas familias:
Un ano máis dende o C.X. Ateibo e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos
a organizar a campaña de verán.
Xa está aberto o período de preinscrición que se pechará o 22 de marzo, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.
A continuación detallamos o proceso de inscrición:
INSCRICIÓN: A través do formulario habilitado en Bosconecta. Se aínda non tedes a clave da vosa área persoal podédela obter cubrindo o formulario no seguinte enlace.
A reserva de praza aos campamentos de Saltimbanquis, Andaina, ADS, Adolescentes e Xuventude farase por orde de preinscrición e tódolos participantes que se preinscriban neste período terán praza asegurada.
Xunto coa preinscrición pagarase unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto Saltimbanquis, Xuventude 3 e Catecumenado, que será de 15€. Esta cota pódese aboar en efectivo, con tarxeta ou no número de conta da Asociación Cultural Xuvenil Ateibo: ES10 0049 7897 14 2810032804. Concepto: NOME PARTICIPANTE +Campamento+(agrupación que corresponda).
Entre o 22 de marzo e o 31 de maio finalizarase a inscrición definitiva dos participantes, abonando o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
A partir do 22 de marzo en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.
Para calquera dúbida podedes consultar por e-mail (ateibo@cxateibo.org), por teléfono (633 67 45 28) ou aos responsables dos distintos grupos.
*Non queremos que ninguén quede sen participar por motivos económicos, ante calquera dificultade poñédevos en contacto connosco para ver de solucionala.
Sen máis, e animando a que participedes, recibide un agarimoso saúdo.
Descargar “Inscripción campamentos 2025” Inscricion_campamentos2025.pdf – Descargado 4 veces – 601,63 KB