Mañás de Verán pretende facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos/as nenos/as.
Mañás de Verán é un proxecto co obxectivo de educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
Algunhas das actividades que podemos realizar son: animación á lectura, obradoiros, xogos de auga, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, biblioteca, cine… según climatoloxía e disponibilidade de instalacións.
Ofertamos varias semanas, podendo asistir unha, varias ou días soltos sempre que se avise con antelación.
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 1º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
As datas:
1ª Semana: do 23 ao 25 de xuño (30€ posto que son 3 días)
2ª Semana: do 28 de xuño ao 2 de xullo
3ª Semana: do 30 de agosto ao 3 de setembro
4ª Semana: do 6 ao 8 de setembro (30 € posto que son 3 días)
O horario será de 10.00 a 14.00 h. Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.
Servizo de comedor (menú servido por un “catering” da cidade) e servizo fiambreira (cadaquén trae a súa comida): de 14:00 a 15:00h.
Inscrición: Ata cubrir prazas. Prazas limitadas.
Cota:
(Desconto familiar: 5 € por irmán e semana no total)
Unha semana 50 €
Dúas semanas 80 €
Tres semanas 110 €
Catro semanas 130 €
Días soltos 12 €/día
Servizo Comedor:
Semana completa 35 € (7€/día)
Días soltos 9 €/día
Servizo Fiambreira:
Semana completa 12 €
Días soltos 3 €/día
Pago unha vez confirmada a praza por transferencia bancaria na conta ES64 0075 8963 8406 0010 5619 (Concepto: MdV + NOME DO PARTICIPANTE) ou en efectivo ao comenzar a actividade.
Para adaptarnos á situación actual orixinada pola Covid19 rexerémonos polos protocolos sanitarios pertinentes, fomentando a hixiene e a segurida-de nas actividades.Cada participante traerá a súa botella de auga, merenda e gorra.
Podedes pedir a folla de inscrición no Centro Xuvenil ou na portería do cole. Documentación que hai que entregar:
- Folla de inscrición.
- Declaración responsable asinada (proporcionarase coa confirmación de praza).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Fotocopia do DNI da persoa que asina as autorizacións.
Contacta connosco no noso e-mail: cxateibo@gmail.com
Ou no teléfono: 633 674 528