
Mañás de Nadal é unha actividade para facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nas vacacións de Nadal dos/as nenos/as.
O obxectivo é educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
Algunhas das actividades que se fan son: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.
Datas:
- 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025
- 2, 5 e 7 de xaneiro de2026
Horario:
- O horario será de 10.00 a 14.00 h.
- Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.
Prezo:
- Actividade completa (10 días): 90 €
- 5 días: 50 €
- Días soltos: 12 €/día
- Desconto familiar: 5 € por irmán no total
O pago pódese facer en efectivo, con TPV ou por transferencia no número de conta: ES10 0049 7897 14 2810032804 (Concepto: NOME DO PARTICIPANTE + MDN25-26)
A inscrición realizarase de xeito telemático, cubrindo o formulario que se atopa no seguinte enlace