Asociación Xuvenil Ateibo

IV Concurso de debuxo sobre igualdade 2025

IV concurso de debuxo sobre igualdade

“Protagonistas da igualdade”
O prazo de entrega remata o 15 de decembro de 2025 e as bases son as seguintes:

  1. Participantes: poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.
  2. Cada participante poderá entregar unha única obra. Se deberá presentar un debuxo orixinal e inédito en tamaño A4 coa temática “Protagonistas da igualdade”. Poderanse utilizar todo tipo de materiais e de técnicas de debuxo para realizar a obra: rotuladores, lapis de cores, purpurina, recortes de cartolina, acuarela, “collage”, etc.
  3. Categorías: establécense catro categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 15 de decembro de 2025):
    a. nenos e nenas ata 8 anos
    b. nenos e nenas entre 9 e 13 anos
    c. mozos e mozas entre 14 e 18 anos
    d. maiores de 18 anos
  4. Os premios consistirán en libros e/ou material de papelería e manualidades por un valor de 30 € por categoría. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
  5. O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e ata 5 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.
  6. Os debuxos presentaranse sen identificación. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI de telo). No exterior do sobre que conteña o debuxo e mailo sobre cos datos deberá estar escrita unicamente a idade do autor ou autora como identificación.
  7. Todos os debuxos deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 15 de decembro de 2025, facendo constar no exterior do sobre “IV Concurso de debuxo sobre Igualdade”. O 20 de decembro de 2025, nas nosas redes sociais e páxina web, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
  8. Os debuxos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
  9. Despois da elección dos debuxos gañadores, serán expostos nas instalacións da Asociación.
  10. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.
Descargar “Bases concurso de igualdad 2025” BASES-CONCURSO-IGUALDADE-2025.pdf – Descargado 1 vez – 538,29 KB

Salir de la versión móvil