Asociación Xuvenil Ateibo https://ateibo.salesianoslugo.es Salesianos Lugo Mon, 18 May 2026 08:33:16 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.9.4 https://ateibo.salesianoslugo.es/wp-content/uploads/cropped-logo_circulo-32x32.png Asociación Xuvenil Ateibo https://ateibo.salesianoslugo.es 32 32 Torneos Don Bosco https://ateibo.salesianoslugo.es/2026/05/17/torneos-don-bosco/ Sun, 17 May 2026 19:23:51 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1639

O vindeiro sábado 31 de xaneiro organizaranse torneos nas instalacións do centro xuvenil con motivo das celebracións a Don Bosco.

As inscricións faranse o mesmo día ás 16.30 de forma gratuíta.Ven e goza!

]]>
Acampada de Entroido 2026 https://ateibo.salesianoslugo.es/2026/02/03/acampada-de-entroido-2026/ Mon, 02 Feb 2026 23:29:19 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1658

Estimadas familias:
Dirixímonos a vós para informarvos de que estamos a preparar unha Acampada para
a fin de semana de Entroido.

A INFORMACIÓN QUE HAI QUE TER EN CONTA É A SEGUINTE:

  • DATAS: do 13 ao 15 de febreiro.
  • LUGAR: Mosteiro de San Salvador de Bergondo.
  • HORARIOS: Saída o venres ás 19:00 h (dende o Parque da Milagrosa), chegada o domingo ás 17:00 h.
  • PREZO: 50 € (Pódese realizar o pago por transferencia no número de conta da Asociación Cultural Xuvenil Ateibo: ES10 0049 7897 14 2810032804. Concepto: NOME PARTICIPANTE + Acampada Entroido 2026).
    • *Non queremos que ninguén quede sen participar por motivos económicos, ante calquera dificultade poñédevos en contacto connosco para ver de solucionala.
  • INSCRICIÓN: A través do formulario habilitado en Bosconecta, en actividades: ACAMPADA ENTROIDO 2026 (se aínda non tedes a clave da vosa área persoal ou non a lembrades contactade co Centro Xuvenil: 633674528 ou ateibo@cxateibo.org).
  • COMIDAS: Cadaquén leva a súa cea do venres. Do resto de comidas encargámonos no Centro Xuvenil.
  • HAI QUE LEVAR: Tarxeta sanitaria orixinal, saco de durmir e esterilla/colchoneta (se alguén non ten pode pedilo no Centro Xuvenil, hai unha cantidade limitada para préstamo), útiles de aseo (toalla, chanclas, cepillo e pasta de dentes…), roupa e calzado cómodos e de abrigo e para a choiva, pixama ou roupa para durmir e muda para os 3 días.

Esperamos que respondades á invitación e vos animedes a participar neste encontro. O derradeiro día para anotarse será o venres, 6 de febreiro. Para calquera dúbida, podedes contactar connosco no teléfono 633 674 528 ou no correo electrónico: ateibo@cxateibo.org.

]]>
https://ateibo.salesianoslugo.es/2026/01/21/1643-2/ Wed, 21 Jan 2026 18:04:42 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1643

O vindeiro sábado 30 de xaneiro organizaranse torneos nas instalacións do centro xuvenil con motivo das celebracións a Don Bosco.

As inscricións faranse o mesmo día ás 16.30 de forma gratuíta.

Ven e celebra con nós!

]]>
IV Concurso de debuxo sobre igualdade 2025 https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/11/27/iv-concurso-de-debuxo-sobre-igualdade-2025/ Thu, 27 Nov 2025 17:29:49 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1609
IV concurso de debuxo sobre igualdade

“Protagonistas da igualdade”
O prazo de entrega remata o 15 de decembro de 2025 e as bases son as seguintes:

  1. Participantes: poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.
  2. Cada participante poderá entregar unha única obra. Se deberá presentar un debuxo orixinal e inédito en tamaño A4 coa temática “Protagonistas da igualdade”. Poderanse utilizar todo tipo de materiais e de técnicas de debuxo para realizar a obra: rotuladores, lapis de cores, purpurina, recortes de cartolina, acuarela, “collage”, etc.
  3. Categorías: establécense catro categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 15 de decembro de 2025):
    a. nenos e nenas ata 8 anos
    b. nenos e nenas entre 9 e 13 anos
    c. mozos e mozas entre 14 e 18 anos
    d. maiores de 18 anos
  4. Os premios consistirán en libros e/ou material de papelería e manualidades por un valor de 30 € por categoría. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
  5. O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e ata 5 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.
  6. Os debuxos presentaranse sen identificación. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI de telo). No exterior do sobre que conteña o debuxo e mailo sobre cos datos deberá estar escrita unicamente a idade do autor ou autora como identificación.
  7. Todos os debuxos deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 15 de decembro de 2025, facendo constar no exterior do sobre “IV Concurso de debuxo sobre Igualdade”. O 20 de decembro de 2025, nas nosas redes sociais e páxina web, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
  8. Os debuxos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
  9. Despois da elección dos debuxos gañadores, serán expostos nas instalacións da Asociación.
  10. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.
Descargar “Bases concurso de igualdad 2025” BASES-CONCURSO-IGUALDADE-2025.pdf – Descargado 303 veces – 538,29 KB

]]>
Mañás de Nadal https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/11/24/manas-de-nadal-2/ Mon, 24 Nov 2025 15:22:47 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1591
ManasNadal25

Mañás de Nadal é unha actividade para facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nas vacacións de Nadal dos/as nenos/as.
O obxectivo é educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
Algunhas das actividades que se fan son: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine…
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.

Datas:

  • 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025
  • 2, 5 e 7 de xaneiro de2026

Horario:

  • O horario será de 10.00 a 14.00 h.
  • Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.

Prezo:

  • Actividade completa (10 días): 90 €
  • 5 días: 50 €
  • Días soltos: 12 €/día
  • Desconto familiar: 5 € por irmán no total

O pago pódese facer en efectivo, con TPV ou por transferencia no número de conta: ES10 0049 7897 14 2810032804 (Concepto: NOME DO PARTICIPANTE + MDN25-26)
A inscrición realizarase de xeito telemático, cubrindo o formulario que se atopa no seguinte enlace

]]>
CAFÉ CONCERTO 2025 https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/11/19/cafe-concerto-2025/ Wed, 19 Nov 2025 12:39:01 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1576
Cafe concierto 2025

Un ano máis celebramos os aniversarios do noso CX co noso tradicional café concerto, e queremos que ti sexas parte deste momento. Teremos actuacións e concertos dos grupos do CX e os animadores.
Anímache a vir e a participar o venres 5 de decembro de 19.45 a 22.30 no salón de actos do Colexio Salesianos de Lugo.

]]>
Campobosco 2025 https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/11/19/campobosco-2025/ Wed, 19 Nov 2025 12:16:16 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1572
EncuentrojotasCAmpobosco2025

Volve o Campobosco 2025!

Desde o venres 28 de novembro ao domingo 30, teremos a oportunidade de convivir e participar nunha bonita experiencia en León xunto aos grupos de Xuven de Galicia, Castela e León e Asturias.

Porque queremos que cada un sexades protagonistas da vosa historia; e por iso propoñémosvos este encontro no que seguir crecendo, facendo grupo e convivindo.

A información máis importante é:

  • Data: do 28 ao 30 de novembro
  • Lugar: Salesianos Don Bosco (León)
  • Prezo: 70€ (a pagar en efectivo, TPV ou transferencia) onde vai incluído viaxe, manutención e todo o necesario
  • Saída: venres pola tarde
  • Que levar: será necesario levar roupa de abrigo, útiles de aseo, saco de durmir, roupa para durmir, a cea do venres.

A inscrición finaliza o 23 de novembro. Para realizala, debes ir á Área Privada de Bosconecta e en actividades ou calendario atoparala. Debes estar apuntado tamén á actividade de ADOS en Ateibo este 2025-2026 a través de Bosconecta.

Anímate a participar co teu grupo! Para calquer dúbida, escribe ao correo de Ateibo ateibo@cxateibo.org ou ao teléfono 633 674 528

]]>
Encuentro ADOS 2025 https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/11/19/encuentro-ados-2025/ Wed, 19 Nov 2025 12:05:47 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1565

Volve o encontro de ADOS 2025!
Desde o venres 28 de novembro ao domingo 30, teremos a oportunidade de convivir e participar nunha bonita experiencia en León xunto aos grupos de ADOS de Galicia, Castela e León e Asturias.
Porque queremos que cada un sexades protagonistas da vosa historia; e por iso propoñémosvos este encontro no que seguir crecendo, facendo grupo e convivindo.

A información máis importante é:

  • Data: do 28 ao 30 de novembro
  • Lugar: Salesianos Don Bosco (León)
  • Prezo: 70€ (a pagar en efectivo, TPV ou transferencia) onde vai incluído viaxe, manutención e todo o necesario
  • Saída: venres pola tarde
  • Que levar: será necesario levar roupa de abrigo, útiles de aseo, saco de durmir, roupa para durmir, a cea do venres.

A inscrición finaliza o 23 de novembro. Para realizala, debes ir á Área Privada de Bosconecta e en actividades ou calendario atoparala. Debes estar apuntado tamén á actividade de ADOS en Ateibo este 2025-2026 a través de Bosconecta. Anímate a participar co teu grupo!

Para calquer dúbida, escribe ao correo de Ateibo ateibo@cxateibo.org ou ao teléfono 633 674 528

]]>
Acampada 24 y 25 de Octubre https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/10/17/acampada-24-y-25-de-octubre/ Fri, 17 Oct 2025 13:07:15 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1515
Acampada 24 de octubre

Estimadas familias:
Dirixímonos a vos para informarvos de que estamos a preparar unha acampada no
cole dende o venres 24 ao sábado 25 de outubro. Gustaríanos que todos os/as rapaces/as participen nesta NOITE EN ATEIBO!, xa que será un momento de convivencia e diversión.

  • DATAS: 24 a 25 de outubro de 2025.
  • INSCRICIÓN: A través do formulario habilitado na sección de actividades de Bosconecta (se aínda non tedes a clave da vosa área persoal contactade co
  • Centro Xuvenil: 633674528 ou ateibo@cxateibo.org).

Area Privada

HORARIOS:

  • Comenzo o venres, 24 de outubro: 18:30 h (ao rematar a actividade de
    Saltimbanquis, Andaina e ADS)
  • Remate o sábado, 25 de outubro: 12:00 h
    É NECESARIO:
    • Cea do venres.
    • Pixama ou roupa para durmir. Útiles de aseo (toalla, chanclas, cepillo e pasta de
      dentes…) e muda para o sábado.
    • Saco de durmir e esterilla (se se necesita en préstamo indicalo na inscrición).
      Esperamos que respondades á invitación e vos animedes a participar neste encontro.
  • O derradeiro día para anotarse será o xoves, 23 de outubro.
Descargar “acampada octubre 2025” Circular-de-Acampada-24-octubre-2025.pdf – Descargado 621 veces – 21,43 MB ]]>
Inscripcións Curso 2025-26 https://ateibo.salesianoslugo.es/2025/09/17/inscripcions-curso-2025-26/ Wed, 17 Sep 2025 12:42:06 +0000 https://ateibo.salesianoslugo.es/?p=1493

Empezamos un novo curso e novas aventuras. Xa están abertas as inscricións para formar parte dos grupos do centro xuvenil.
Agora explicarémosvos como podedes apuntarvos:

  • XA TEÑO USUARIO EN BOSCONECTA: se o ano pasado xa se usou Bosconecta, xa tes o usuario creado, así que soamente tes que ir á túa Área privada e no “calendario” ou “actividades” sairá a actividade para apuntarse neste curso.
  • SON NOVO!: se se empieza este ano en Ateibo, ou o ano pasado non se chegou a utilizar Bosconecta, primeiro débese encher o formulario de inscrición para poder ter un usuario.
    • Cubrir o formulario de inscrición. Non autocompletar porque pode dar erro!!
    • 2.Esperar a que sexan validados os datos (intentarase facer o máis rápido posible).
    • 3.Chegará un correo coas claves.
    • 4.Accede á área privadas e en “actividades” ou “calendario” sairá a actividade para apuntarse

]]>