Un ano máis as entidades do terceiro sector de acción social comezamos a chamada Campaña do X Solidario. Unha iniciativa coa que animamos ós contribuíntes a que decidan a qué queren destinar el 0’7% do IRPF e para a que solicitamos a súa colaboración. Marcando o recadro de ‘Fins Sociais’ as persoas están decidindo que o diñeiro dos seus impostos se utilice para que as entidades de carácter social poidan realizar proxectos coas persoas que máis o necesitan; para que se executen proxectos de cooperación en países en desenvolvemento ou para realizar programas medioambientais. Con esta acción, as/os contribuíntes NON pagan máis impostos, simplemente, do diñeiro que deben ingresar ó Estado na Declaración da Renda un 0’7% se vai destinar a actuacións do ámbito social.
Pero tamén, como cada ano, queremos recordar que se poden marcar os dous recadros na Declaración da Renda, é dicir, a de ‘Fins Sociais’ e a da ‘Igrexa’. No son excluíntes, neste caso destinarase un 0’7% a cada unha, un 1,4% en total. Neste senso, o noso obxectivo non é outro que difundir o máximo posible esta campaña para que ás persoas decidan activamente que queren facer con unha pequena parte dos seus impostos. Estariámoslle moi agradecidos se puidesen colaborar na difusión desta iniciativa mediante a remisión deste escrito os seus asociados, trabajadores/as, así como empresas y/o personas particulares que contraten sus servicios, para que todos recordemos que ó facer a declaración da renda debemos marcar la X de Fins Solidarios, un xesto que beneficia a toda a sociedade ó lograr unha cidadanía máis activa, participativa e implicada.
No pasado exercicio, un 29% da poboación contribuínte non marcou ningún recadro e deixou en branco a posibilidade de destinar os seus impostos a distintas causas sociais. Cos 285 millóns de euros recadados, en 2015 as entidades sociais poderán poñer en marcha 1.236 programas de acción social, o que supón case un 9% máis que o ano pasado, que beneficiarán a máis de 6 millóns de persoas no noso país. Ademais, destinarase un 19% á cooperación internacional e un 1,4% a programas destinados á protección do medio ambiente.
Atentamente:
Rede Galega contra a pobreza CERMI Galicia Coordinadora Galega de ONGD
Máis información: X Solidaria – Edición 2015