
Volve o Campobosco 2025!
Desde o venres 28 de novembro ao domingo 30, teremos a oportunidade de convivir e participar nunha bonita experiencia en León xunto aos grupos de Xuven de Galicia, Castela e León e Asturias.
Porque queremos que cada un sexades protagonistas da vosa historia; e por iso propoñémosvos este encontro no que seguir crecendo, facendo grupo e convivindo.
A información máis importante é:
- Data: do 28 ao 30 de novembro
- Lugar: Salesianos Don Bosco (León)
- Prezo: 70€ (a pagar en efectivo, TPV ou transferencia) onde vai incluído viaxe, manutención e todo o necesario
- Saída: venres pola tarde
- Que levar: será necesario levar roupa de abrigo, útiles de aseo, saco de durmir, roupa para durmir, a cea do venres.
A inscrición finaliza o 23 de novembro. Para realizala, debes ir á Área Privada de Bosconecta e en actividades ou calendario atoparala. Debes estar apuntado tamén á actividade de ADOS en Ateibo este 2025-2026 a través de Bosconecta.
Anímate a participar co teu grupo! Para calquer dúbida, escribe ao correo de Ateibo ateibo@cxateibo.org ou ao teléfono 633 674 528