Asociación Xuvenil Ateibo

Campamentos de Verán

Xa está aberta a preinscrición para os diferentes campamentos de verán do IEF.

As datas dos campamentos e prezo son:

O prazo remata o 15 de Marzo. Xunto coa preinscrición pagarase unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto Saltimbanquis, que será de 15€.
Entre o 15 de marzo e o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
A partir do 15 de marzo en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.

Comunicarvos tamén que o venres 3 de marzo, ás 16:45 h (durante a actividade dos/as nenos/as) no salón de actos do colexio, teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2023, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado,…). Convidámosvos a participar para que poidades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e poidades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.

Para maior información contacta co centro xuvenil atreves do 633 674 528 ou atreves do noso correo electronico cxateibo@gmail.com

Descargar “Inscripción Campamentos de Verano 23”

Circular_Preinscricion_2023.pdf – Descargado 123 veces – 733,51 KB
Salir de la versión móvil