Para nós os campamentos son a continuación do traballo realizado durante o curso, coas actividades semanais e algunha actividade extraordinaria de todo o día. Por iso, soamente é un campamento para rapaces e rapazas que participan en grupos do IEF.
O campamento de verán é unha experiencia educativa dentro dos grupos do IEF pois educa na convivencia, no compromiso, no xogo, na festa, en responsabilidade, autonomía….
Este ano o número de prazas é menor debido ás restriccións COVID, por iso se fai máis necesaria a PREINSCRICIÓN. RESERVADE A VOSA PRAZA XA!
Os lugares, prezos e datas de campamentos son os seguintes:
❒ Saltimbanquis –Cambados/70€ (25-27 xuño)
❒ Andaina -Foz/220€ (4 –11 xullo)
❒ ADS -Cambados/220€ (4 –11 xullo)
❒ Iniciación I- Cambados /220€ (11 –18 xullo)
❒ Iniciación II-Cambados /220€ (18 –25 xullo)
❒ Catecumenado 1 e 2 -Allariz/220€ (18-25 xullo)
❒ Catecumenado 3 e Postcate -A Coruña (prezo sen determinar) (26 –28 xullo)
Explicamos o proceso para a participación:
PREINSCRICIÓN
- O período de preinscrición será ata o 31 de Maio de 2021.
- Tódolos/as participantes que se preinscriban neste periodo teñen praza asegurada.
- A cota de preinscripción será de 50 €, salvo para Saltimbanquis e 3º- PostCatecumenado que será de 15€.
- A cota de preinscripción se pode pagar en efectivo ou ingresar na conta do Centro Xuvenil:
Nº conta: ES64 0075 8963 84 0600105619 (BANCO SANTANDER) Concepto: Nome Campamento + Nome do participante |
INSCRICIÓN
- O periodo de inscrición será dende o 1 ao20 de Xuño.
- Neste período será necesario realizar o pago do resto da cota do campamento correspondente (descontando o xa pagado na preinscrición).
Ninguén debe deixar de participar por motivos económicos.
Os que teñan irmáns no Centro Xuvenil e vaian a outro campamento (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Iniciación e Catecumenado) terán un desconto do 10 % no campamento máis barato.
Este ano seguiremos os protocolos necesarios para a situación sanitaria provocada pola COVID-19 que se nos indiquen dende a Xunta de Galicia. Tamén por iso as prazas están máis limitadas e introducimos algunhas novidades:
- A maioría de campamentos son de 1 semana de duración (de domingo a domingo).
- Aínda que non está publicada a normativa, xa se está traballando con varias premisas (albergues ao 50%, grupos burbulla en lugares onde quitamos a mascarilla coma o comedor e habitacións,…)
- Dende o Centro Xuvenil realizaremos test de antíxenos nas 24h anteriores á saída cara o campamento, tanto a nenos/as como a animadores/as. En caso de ser positivo, realizaráse unha proba PCR que confirme ese positivo. Se a PCR confirma o positivo, a persoa inscrita non poderá asistir ao campamento, e devolveránselle os cartos aportados á inscrición.
- VIAXES: Saltimbanquis e Andaina se desprazan ata o campamento en autobuses. o resto de campamentos se desprazan en coches particulares.
Para calqueira dúbida contactade connosco:
e-mail: cxateibo@gmail.com
Tfno.: 633 674 528