Este 2020, dada a situación particular que estamos a vivir, desde o Colexio Salesiano, o Centro Xuvenil Ateibo e a Fundación JuanSoñador decidimos propoñer un Campamento Urbano, para que os nenos e as nenas da nosa contorna, que levan demasiado tempo nas casas, poidan gozar duns días de xogo e amizade! A proposta está aberta a todos os nenos e nenas desde a educación infantil ata 4º da ESO. Terá lugar nas instalacións do colexio Salesianos – Divina Pastora (onde ten a sede o Centro Xuvenil Ateibo), durante as mañás de xullo e de setembro, entre semana, de 10:00 a 14:00 h para os/as nenos/as de infantil e primaria e de 11:00 a 14:00 h para a ESO. E, por suposto, respectaremos todas as medidas de hixiene e prevención indicadas pola autoridade competente. En caso de necesitar un horario máis prolongado haberá servizo de gardería a partires das 9:00 h da mañá.
As datas nas que terán lugar as actividades son as seguintes:
– Do 1 ao 3 de xullo (son 3 días, polo tanto esta semana ten un prezo de 30 € correspondentes a 10 € por día)
– Do 6 ao 10 de xullo
– Do 13 ao 17 de xullo
– Do 20 ao 24 de xullo
– Do 1 ao 4 de setembro
– Do 7 de setembro ata o inicio do colexio
Das que se poden elixir as que máis interesen.
Os prezos para a actividade pódense abonar en conta (ES64 0075 8963 8406 0010 5619) indicando no concepto Campamento urbano + (nome e apelidos do/a neno/a) ou en efectivo no momento de traer ao/a neno/a á actividade.
Os prezos son:
Educación Infantil e Primaria:
– 1 semana: 50 €
– 2 semanas: 80 €
– 3 semanas: 120 €
– Todos os días de xullo: 150 €
– Todos os días de setembro: 80 €
ESO:
– 1 semana: 40 €
– 2 semanas: 70 €
– 3 semanas: 110 €
– Todos os días de xullo: 140 €
– Todos os días de setembro: 70 €
Para realizar a inscrición pódese facer cubrindo os datos no seguinte enlace: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=ViPfKVmw2EafJ0m2lG3mHTeA6rvvEZdKhMycghxv_g5UQVFDTDVNMU42WEE1VjFMUlJNQk1KMU1UQS4u
No momento de traer ao/a neno/a á actividade haberá que cubrir e asinar o documento de protección de datos e imaxe.
Necesitaremos tamén a seguinte documentación: fotocopia do DNI de neno/a e titor/a e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a neno/a.
Para calquera dúbida podedes contactar connosco no correo electrónico cxateibo@gmail.com ou no teléfono 633674528.
#nesteveranmaiscanunca