Concurso de contos “ContaAteibo I”
O prazo de entrega remata o 15 de decembro de 2018 e as bases son as seguintes:
1. Poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.
2. Establécense tres categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 15 de decembro de 2018):
a) nenos e nenas ata 13 anos;
b) mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
c) maiores de 30 anos.
3. Os contos estarán escritos en galego, serán orixinais e inéditos.
4. A temática é “a Interculturalidade”.
5. Os contos presentaranse sen identificación, facendo constar o seu título. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). No exterior do sobre deberá estar escrito o título do conto entregado e a data de nacemento do autor ou autora.
6. Cada autor ou autora poderá presentar o número de contos que desexe.
7. Todos os contos deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 15 de decembro de 2018, facendo constar no exterior do sobre ‘Concurso de contos ContaAteibo I’. O 21 de decembro de 2018 daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
8. Os textos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
9. Despois da elección dos textos gañadores, será publicado un folleto no que estes e outros textos, seleccionados entre todos os presentados, quedarán recollidos.
10. Os premios (consistentes en vales que se poderán cambiar por libros e material escolar nos establecementos que se indicarán aos premiados e máis o folleto impreso dos contos) quedan establecidos por categorías do seguinte xeito:
a) 50 €; b) 100€; c) 150€.
11. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
12. O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e 3 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.
13. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.