¿Que é catecumenado?

Catecumenado é o proxecto destinado aos máis maiores do noso itinerario. Son grupos de rapaces/as dende os 14 anos (a partires de 3º da ESO) que queren facer un proceso de maduración persoal a través da experiencia de acompañamento do grupo e de acordo cunha opción cristiá de Fe, coñecendo e fomentando os valores do modelo de vida de Xesús. Os grupos seguen un proceso de 5 etapas: Iniciación I (3º ESO), Iniciación II (4º ESO), Catecumenado 1, 2 e 3 (a partires de 1º de BACH).

Realízase unha reunión semanal na que se levan a cabo dinámicas experienciais sobre diversos temas, debates, diálogos, fanse tamén convivencias, campañas de solidariedade, excursións – acampadas, encontros – xuntanzas, vivencia da Pascua xuvenil, cursiños-campamentos de verán con outros grupos de Galicia, Asturias e Castela e León…

Cada grupo pacta o seu horario de reunión co/s seu/s compañeiros/as e animador/es.